Orientação educativa

3550 palavras 15 páginas
O Blog como ferramenta na Orientación Educativa
Daniel Veiga Martínez Departamento de Orientación I.E.S. “García Barbón” Verín -Ourense-

1.- Introducción. En primeiro lugar, quero agradecer ó presidente e o equipo directivo da Asociación Profesional de Orientación Educativa de Galicia (APOEGAL) a oportunidade que me facilitan para dar a coñecer unha parte –a máis recente- da experiencia educativa que chamamos “Orientarse con internet”. En segundo lugar, sinalar que a aportación que se vai realizar reflicte unha maneira específica de uso das novas tecnoloxías –de internet en xeral e, en particular, do Blog ( O Blog de Orientación como Guía de Información Aacadémica e Profesional)-. Entendemos que as moitas potencialidades pedagóxicas dos Blogs –como ferramentas multiusos- son unha promesa que hai que potenciar e investigar no centro educativo. En terceiro e último lugar, anotar que o título do traballo: “O Blog como ferramenta na Orientación Educativa” da conta só dunha parte da nosa aportación no I Encontro de Orientadores de Galicia. A outra parte da nosa ponencia trata, entre outros aspectos, sobre as posibilidades de informarnos de maneira automática (usando a sindicación de contidos –rss-) e as novas aplicacións educativas da web 2.0.

2.- Weblog, Blog ou Bitácora: unha ferramenta multiuso.

Un blog (weblog ou bitácora) é –nunha síntese persoal-, unha modalidade de páxina web –sinxela-, sen coste económico, que potencia a participación e a interactividade e que posibilita a sindicación de contidos (rss). A maioría das definicións fan fincapé en considerar os blogs como unha modalidade de paxina web de autoría preferentemente individual, na que os artigos aparecen ordenados pola data de publicación e que se actualiza de maneira frecuente. Na Galipedia [http://gl.wikipedia.org/wiki/Blog] e na Wikipedia [http://es.wikipedia.org/wiki/Blog] podemos ler outras definicións e algunhas características fundamentais dos blogs.

1

No ámbito educativo, as

Relacionados

  • psicologia escolar
    1151 palavras | 5 páginas
  • MEMORIAL ORIENTA O ESTAGIO V
    1771 palavras | 8 páginas
  • Trabalhoo
    978 palavras | 4 páginas
  • Orientação educacional
    5407 palavras | 22 páginas
  • estagio pos pedagogia
    7340 palavras | 30 páginas
  • Plano de actividades
    1763 palavras | 8 páginas
  • Portaria Poie
    3224 palavras | 13 páginas
  • Integração intervenção precoce
    15236 palavras | 61 páginas
  • Portaria Poie
    3224 palavras | 13 páginas
  • Portaria Poie
    3224 palavras | 13 páginas